miércoles, 25 de abril de 2012

Xornada para as familias

Dentro do proxecto O ritmo do son no que participan as escolas infantís municipais da Coruña Os Cativos, Carricanta e Monte Alto, xunto co alumnado do Ciclo superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal, o venres día 28 de abril celébrase a Xornada das familias, nas que actúan Germán Díaz cun concerto de caixas de música e Pablísimo cun dos seus entrañables contacontos.

jueves, 5 de abril de 2012

Escolas infantís

Escolas infantís nas que fai prácticas o alumnado do ciclo superior de educación infantil do CIFP Ánxel Casal da Coruña.


Ver Escolas infantís nun mapa máis grande

sábado, 10 de diciembre de 2011

Recursos para a educación infantil

Escola infantil das Roseiras na Coruña
Este espazo está deseñado para conter recursos dirixidos á educación infantil e de maneira específica para as persoas que se están a formar no ciclo superior de educación infantil.
Hai vídeos de espazos de traballo para as persoas tituladas, de experiencias educativas, de orientacións para o emprego de recursos, etc.
Tamén podes atopar algúns recursos para a reflexión sobre esta profesión, educadores, historia da educación infantil, centros educativos, etc.
Deixa as túas suxestións, sempre son ben recibidas e axudan a mellorar este espazo.